RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz insiste en "pensar no día a día, en cada partido que vén"

Óscar Gilsanz subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "levamos 2 vitorias seguidas, 3 partidos sen perder pero hai que ir paso a paso, aos poucos".

Insiste en "pensar no día a día, en cada partido que vén. Eu non penso noutra cousa porque é a única maneira de preparar da mellor maneira o partido seguinte, de que o grupo traballe para mellorar, para ser mellores sen pensar en nada máis. Creo que nos podería confundir".

O técnico branquiazul opina que "o equipo mantén unha liña moi boa en canto a competir sempre, contra calquera rival. E iso é o que estamos a pensar, en competir o partido seguinte, que sabemos que vai ser moi complicado".

Asegura que o vestiario presenta "un bo rendemento a nivel xeral. Gañar sempre axuda pero saír a ABANCA-RIAZOR e ver o ambiente... Os xogadores todos están a desexar xogar en ABANCA-RIAZOR porque o ambiente e a afección que temos fainos gozar de cada día. Despois hai partidos que saen mellor ou peor pero coa afección e o ambiente que temos o xogador está a desexar xogar aquí. E se as sensacións son boas e ademais ganas, moito mellor".

Finalmente, preguntado por Eddahchouri, Óscar Gilsanz defíneo como "un dianteiro con moitísima mobilidade, bo pé e gol. Vai axudar moito nesas situacións de transición para xogar entre liñas e baixar a ese espazo. Ten características diferentes aos dianteiros que temos".