De novo un perseguidor directo crúzase no camiño do Deportivo lonxe de ABANCA-RIAZOR. Se nesta primeira volta o equipo visitou ao Unionistas de Salamanca CF, Real Racing Club ou UD Logroñés, mañá domingo 21 de novembro (12:00 horas, Footters) de novo toca visita a outro dos rivais polos postos de privilexio do grupo 1º de Primeira RFEF, o CF Rayo Majadahonda no Cerro do Espino. O denominador común en todos estes duelos directos é o masivo apoio de #ANOSAFORZA desde as bancadas, mañá por encima do milleiro nas bancadas do estadio da localidade madrileña.
Onte en rolda de prensa, Borja Jiménez lembraba que ao "xogar contra os teus rivais directos fóra de ABANCA-RIAZOR, a segunda volta van ter que vir eles a tentar gañar con 20.000 ou non se cantos meteremos a partir de cando se acheguen os momentos da verdade. Son dos que pensa que prefire sempre a volta neste caso ou que a segunda volta os partidos gordos teñámolos en ABANCA-RIAZOR, porque #ANOSAFORZA, como dixen moitas veces vai xogar un papel determinante e eu o día que me teña que xogar algo quero que sexa coa miña xente. Xogamos no campo de Unionistas, co UD Logroñés, en casa do Real Racing, agora Majadahonda, logo imos a Ferrol, Cultural... Son saídas que a priori, cando colles o calendario, dis estas van ser das difíciles a priori. Entón todo o que vaiamos quitando agora, benvido sexa. A segunda volta todo apértase moito máis. Fóra de casa aos equipos, das saídas que fagan, só terán a capacidade de gañar tres, catro partidos. Todo se Iguala porque se empeza a empatar moito máis, porque todo o mundo valora un punto mellor que ningún, porque é a tendencia en todas as categorías das segundas voltas. Vai ser máis difícil puntuar fóra de casa. Estou convencido. Así que nós ir facendo o noso camiño e cando cheguen os momentos da verdade, estar preparados".
O Comité de Competición da RFEF deu esta semana por gañado ao Dépor por 3-0 o seu partido do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante a UD Extremadura, choque que non se chegou a xogar por incomparecencia do equipo estremeño. Así pois, os branquiazuis lideran en solitario o grupo con 26 puntos, con 3 de vantaxe sobre Real Racing Club, CF Rayo Majadahonda e UD Logroñés, segundos todos eles con 23 puntos.
Únicamente pérdese o partido por lesión Jorge Valín, xa na recta final da súa recuperación. Noel e Trilli son a representación de #ANOSACANTEIRA na convocatoria que fixo pública esta mañá Borja Jiménez.
Na sesión matinal de hoxe, xusto antes de subirse ao autocar rumbo a Madrid, Borja Jiménez dispuxo un quecemento con roldo, un partido a metade de campo 2 e un exercicio de centros laterais con finalizacións. Jaime, con adestramento específico, non saltou ao céspede esta mañá aínda que entrou na lista de convocados e está a disposición do técnico branquiazul para o encontro de mañá.
Pola súa banda, o CF Rayo Majadahonda chega ao partido após a vitoria da pasada fin de semana fronte ao DUX Internacional de Madrid (2-4) nun dos derbis madrileños da categoría. No Cerro do Espino, no que vai de liga, os rayistas cultivaron tres vitorias, fronte a CD Calahorra (2-1), SD Logroñés (1-0) e Real Unión (1-0); un empate ante o RC Celta B (0-0); e unha derrota, ante o Racing de Ferrol (0-2).



