RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Brea, Guerrero e Juan Rodríguez repiten na lista para Ordes na que entran os fabrilistas Brais Val e Davo

Pablo Brea, Iván Guerrero e Juan Rodríguez son o tres futbolistas presentes onte no campo de Espiñedo de Carballiño que repiten na convocatoria de 15 xogadores para o amigable desta tarde (19:00 horas) no campo de Vista Alegre de Ordes ante o Pontevedra CF. Será o último amigable de pretemporada para o Deportivo co Trofeo Festas de Ordes en xogo.

Ademais, os fabrilistas Brais Val e Davo'incorpóranse á citación de 15 futbolistas facilitada esta mañá por Borja Jiménez.

Do mesmo xeito que onte para o partido do Carballiño, quedan fóra Juergen Elitim e Trilli. Aínda que esta mañá completaron con normalidade unha sesión suave de activación, de apenas 40 minutos, os Servizos Médicos non queren ningún tipo de risco polos seus problemas sufridos nos isquiotibiais. No adestramento desta mañá, os futbolistas que xogaron os noventa minutos onte fronte ao CD Arenteiro realizaron exercicios de recuperación baixo a supervisión do readaptador Álex Canosa.

O choque en Ordes será retransmitido en directo pola canle de YouTube do Real Club Deportivo grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

Ademais, o SDC Órdenes ten previsto sacar nos despachos de billetes do campo de Vista Alegre, a partir das 17:30 horas, as últimas 50 entradas de público ao prezo de 15 euros cada unha.

Finalizado o encontro, o cadro descansa mañá domingo 22 de agosto e volve aos adestramentos o luns 23 ás 10:30 en Abegondo.