RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Martínez adestrouse esta mañá con normalidade após o visto e prace dos Servizos Médicos

Pablo Martínez adestrouse esta mañá con normalidade co resto do equipo no regreso ao traballo do Dépor após o día de descanso de onte martes.

Desde o seu traumatismo cranioencefálico sufrido en León debido a un choque cun rival, o central deportivista estivo a alternar tarefas co grupo con exercicios personalizados, co que foi baixa o pasado domingo ante a SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR, até recibir hoxe o visto e prace dos Servizos Médicos branquiazuis para competir.

Imanol Idiakez dispuxo após unha activación con rondos, unha serie de exercicios de posición con porterías en espazos intermedios, todo iso no campo 2.

Están con adestramento individual Alberto, Retuerta, Paris Adot e o canteirán Martín Ochoa.

Mella, Rubén, Iano Simão, Puerto e Brais Suárez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA. "Estou encantado de Mella, de Barcia, de Yeremay, que xa leva máis tempo pero que tamén é un xogador moi importante. Encantado de que sigan subindo moitos mozos e de que o sigan facendo así de ben", afirmou Diego Villares hoxe mesmo na sala de prensa.

Mañá xoves, o cadro está citada de novo en Abegondo a partir das 8:30 para almorzar e saltar ao céspede a partir das 11:00 e continuar así a preparación do partido deste domingo 28 de xaneiro ás 21:00 horas en Abanca-Balaídos ante o Celta Fortuna (TVG-2 e FEF TV).