RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Paiosaco loce a súa Dépor Escola Feiraco 2025-26

A localidade de Paiosaco no Concello de Laracha xa loce a súa Dépor Escola Feiraco 2025-26, que comezará a súa actividade na súa 1ª edición no campo de A Porta Santa o próximo 1 de outubro en colaboración coa UD Paiosaco e o propio Concello.

Ao acto asistiron Carlos García, Presidente; María Bugallo, tesoureira; e José Ramón Vázquez 'Josiño', capitán da UD Paiosaco; ademais de Carlos García, un dos responsables da Dépor Escola Feiraco 2025-26.

Está aberto o prazo de inscrición para novas altas en http://escola.rcdeportivo.es.

Esgotado a quenda dos mércores ás 16:30, aínda hai prazas para o das 17:30 horas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.