Na bancada de Tribuna Superior está o palco presidencial, obxecto de todas as miradas en cada partido xa que nel están as directivas dos equipos así como distintas personalidades do mundo do deporte, a política ou a cultura.
A visión do encontro desde aquí é magnífica e a el subiron os xogadores aquel 19 de maio para brindar á súa afección o título de Liga conseguido. Ten capacidade para un centenar de persoas que gozan do espectáculo futbolístico desde unha posición exclusiva.