Pandiani cedido ao Birmingham ata final de tempada
Pasadas as 1:30 horas o presidente Augusto César Lendoiro facía pública a cesión do dianteiro Walter Pandiani ao equipo británico do Birmingham ata final da presente tempada.
Trátase dunha cesión sen opción de compra, na que ademais o Birmingham terá que disputar dous partidos amigables co Deportivo.