RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Pandiani, cun novo gol, segue de máximo anotador na liga

O deportivista Walter Pandiani, cedido ao Peñarol de Montevideo ata final de tempada, anotou un novo tanto na pasada xornada ante o Liverpool que supuxo a vitoria do seu equipo. Así son xa 6 os goles de "O Rifle" Pandiani. Na táboa de máximos anotadores é

Na xornada anterior Pandiani tamén marcou un tanto que nos rotativos de Montevideo cualificaron como "gol para enmarcar". O xogador branquiazul é obxecto de todo tipo de eloxios por parte da prensa uruguaia, que esta semana titula "O Salvador Pandiani".

Parece que o deportivista se está convertendo nun auténtivo especialista en marcar os goles da vitoria do seu equipo e estase gañando con suor o sobrenome de "salvador".

O vindeiro domingo o Peñarol enfrontarase á Vila Española.