RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

París ben vale tres puntos

O Deportivo obtén unha importante vitoria no Parque dos Príncipes na primeira xornada da segunda fase da UEFA Champions League nun encontro con dous partes claramente diferenciadas no que os deportivistas se impuxeron por un gol a tres con tres estupendos

Comezaba o Deportivo con Molina, Manuel Pablo, Capdevila, Naybet, Mauro, Emerson, Víctor, Donato, Valerón, Turu Flores e Tristán mentres que polo PSG entraron Letizi, Robert, Okocha, Christian, Leroy, Luccin, Distin, Mendy, Dehu, Algerino e Ducrocq.

Nos primeiros minutos o PSG fíxose co control do partido sen inquietar excesivamente aos branquiazuis, que controlaron as temidas acometidas iniciais do equipo galo sen maiores problemas. O dominio do xogo fué nesta primeira parte para o PSG, que no minuto 37 adiantábase no marcador cun disparo de Algerino desde fóra da área que Molina non acertou a despexar. Este gol deixou descolocado ao deportivo e ponia aos franceses ao ataque sen conseguir unha mellor diferenza.

Na segunda parte o Deportivo meteuse máis no partido e comezou a controlar o balón, aínda así o PSG dispuña de máis oportunidades, ao levar máis perigo os seus contraataques que os ataques do equipo coruñes.

No minuto 17 da segunda parte Irureta daba entrada a Makaay por Tristán. Ao minuto seguinte, unha xogada de Víctor pola banda dereita, acaba cun centro deste ao primeiro pau, que non acerta a despexar a defensa francesa, e o balón vaise cara ao segundo pau. Alí estaba Naybet situado, que sen deixar caer o balón empalma un potente disparo imparable. Era o empate a un.

O gol do empate daba ás ao equipo branquiazul que se envorcaba ao ataque. Asi dous minutos despois unha internada na área de Emerson, termina coa derriba deste na área sen que o árbitro alemán pitase o clarísimo penalti.

No minuto 22 esta segunda parte, un pase ao oco para Makaay, é aproveitado por este para internarse na área e picar o balón, pero Letizi aguanta moi ben a xogada e saca o balón coa man. Dous minutos despois Makaay habilita un balón no pico da área pola banda esquerda para Turu Flores, que despois de amagar o centro, avanza cara á liña de fondo e de forte disparo, cruza o balón cara ao segundo pau, que sorprende ao guardamenta rival. O partido estaba remontado e o Deportivo lanzado a por a vitoria.

O PSG tras uns minutos de titubeos, trata de presionar ao Deportivo, deixando cada vez menos espazos para que o equipo coruñes non poida sacar o balón xogado. Así, o PSG faise co balón e sen levar gran perigo á meta defendida por Molina, aínda que dous disparos de Okocha desde fóra da área puxeron en aprietos á meta deportivista.

No minuto 36 da segunda parte, Irureta daba entrada a Scaloni por Valerón, e o equipo deportivista trataba de aguantar as arremetidas do equipo francés, cunha gran actuación da defensa deportivista. No minuto 40 unha xogada de forza de Donato fai que se interne na área, recibindo unha patada ao perder o balón, isto trastorna os plans de Irureta, que ía sacar a Fernando, e finalmente no minuto 42 entra Helder polo hispano-brasileiro.

No minuto 46, en plena acometida do equipo frances en busca do empate, Víctor saca un magnífico pase ao oco a Makaay, que esta vez recorta a Letizi e empuxa o balón ao fondo das mallas. O partido estaba sentenciado, o Deportivo comeza brillantemente esta segunda fase da liga de Campións.