Alberto Quiles foi sometido este mediodía a probas médicas para saber o alcance exacto da lesión sufrida onte no transcurso da segunda metade do partido en Pasarón ante o Pontevedra CF.
Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron que o dianteiro deportivista sofre unha distensión de cápsula posterior cunha contusión osea en meseta tibial; e que non ten afectados os ligamentos do xeonllo.
Alberto Quiles estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e posteriormente arrincará a rehabilitación dunha lesión que lle fará ser baixa polo que resta de temporada.