RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Parte médico de Alberto Sánchez

Alberto Sánchez foi sometido a probas médicas complementarias para comprobar o alcance exacto das molestias que sofre.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha lesión muscular no psoas ilíaco da súa perna esquerda.

O porteiro deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, segundo a súa evolución, comezará a continuación o seu plan de readaptación física supervisado polo readaptador Álex Canosa.