As probas médicas realizadas a Athenea del Castillo tralo partido copeiro no Estadi Johan Cruyff de Barcelona revelan que sofre unha lesión muscular no semitendinoso da perna esquerda.
A atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; para pasar posteriormente á fase de readaptación deportiva, paso previo o seu regreso aos adestramentos co grupo.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo xa informaron desta lesión á Federación Española de Fútbol posto que por este contratempo físico, Athenea non poderá disputar coa selección española sub-20 os partidos amigables previstos para a próxima semana en San Pedro del Pinatar.