Fede Cartabia sufriu durante o partido contra o Atlético Osasuna do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR unha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral da coxa dereita.
Por este motivo, o atacante arxentino permaneceu con tratamento conservador e adestramentos pouco intensos durante toda esta semana.
Finalmente, comprobada a súa evolución, Fede Cartabia non está dispoñible para ser convocado. Continuará con traballo de fisioterapia e readaptación, como pasos previos ao seu reincorporación ao grupo.