Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo diagnosticaron a Michael Krohn-Dehli unha entesopatía do tendón de Aquiles esquerdo, polo que o futbolista comeza tratamento por medio de ondas de choque e plasma rico en factores de crecemento.
Durante a terapia permanecerá realizando tratamento fisioterápico, antes de iniciar o proceso de readaptación para reincorporarse ás actividades co equipo.