As probas médicas realizadas nas últimas horas a Saúl García revelan unha lesión de grao I no bíceps femoral da súa perna dereita.
Por conseguinte, o lateral zurdo deportivista permanecerá en repouso deportivo e realizando tratamento de fisioterapia ata que poida iniciar o proceso de readaptación, paso previo á súa incorporación ás tarefas do equipo.