RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Parte médico de Yeremay

Yeremay foi sometido esta mañá a probas médicas no Hospital QuirónSalud A Coruña para comprobar o alcance exacto das molestias nun xemelgo, froito da entrada dun futbolista rival, que lle impediron continuar no céspede o pasado sábado en Lugo.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron unha fractura non desprazada no seu peroné da perna dereita.

Así pois, o atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física co readaptador Alejandro Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

A volta de Yeremay á competición estará ao redor das 8 semanas.