RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Participantes na Bancada Solidaria do Dépor - SD Huesca

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste venres 19 de setembro (20:30) fronte á SD Huesca, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Fundación Érguete-Integración, Ocio Inclusivo Oleiros, Ecos do Sur, Asociación Antonio Noche, Asociación de Axuda e Atención ao Preso, ACCEM A Coruña, Asociación Misela, Asociación de Axuda a Estudantes Extranxeiros e Fundación Galicia-América.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.