Segunda eliminatoria de Copa entre o Deportivo e o Lugo na que está en xogo o pasaporte para a terceira rolda. Os lucenses virán loitar a Riazor aínda que perderon no seu feudo por un gol a cero no partido de ida.
José María Martín facilitará hoxe a aliñación para o encontro de mañá ante o Lugo, aínda que a verdade non hai moito onde elixir, e é factible deducir esta como probable: Andrés ou Buyo, Pardo, Ballesta, Richard, Vales, Galego, Pousada, Núñez, Traba, García Castro e Rabadeira.