RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Monteagudo, deportivista até 2026

Paula Monteagudo Ibáñez (Vigo, Pontevedra, 9 de maio de 2002) asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por dúas temporadas, até xuño de 2026.

A polivalente xogadora deportivista asinou un contrato que na primeira temporada, a 2024-25, contempla licencia do filial e dinámica do primeiro equipo, e na segunda, a 2025-26, incorporación para todos os efectos ao primeiro cadro, nunha mostra máis do compromiso e da confianza do Club en #ANOSACANTEIRA.

A polivalente xogadora deportivista incorporouse ao Deportivo ABANCA B na temporada 2021-22, procedente do Sárdoma CF. Na súa primeira campaña en Abegondo disputou 20 partidos, todos eles de titular, e anotou 12 goles.

Na campaña 2022-23, xa en dinámica do primeiro equipo, foi titular no filial os 12 partidos nos que foi convocada e marcou 10 goles. Ás ordes de Irene Ferreras no Dépor ABANCA participou en 16 partidos, 8 deles como titular.

No exercicio recentemente concluído, Monteagudo disputou 2 encontros de Liga co primeiro equipo, mentres que co B xogou 28 partidos e marcou 16 goles.

Así pois, a futbolista pontevedresa suma 18 aparicións oficiais co primeiro equipo e 60 encontros e 38 goles co Dépor ABANCA B.

A renovación de Paula Monteagudo únese a outras xa confirmadas como Paula Gutiérrez, Cris Martínez, Samara, Yohana e Raquel García, todas elas igualmente até xuño de 2026.