RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera: "É un bo momento para dar un paso"

Con 3 partidos consecutivos á vista en ABANCA-RIAZOR, o primeiro deles este luns 4 de marzo (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3) ante o AD Alcorcón, Pedro Mosquera cre que "é un bo momento para dar un paso".

É máis, ve "moi importante sacar moitos puntos neste tramo e conseguir estar aí nas primeiras posicións".

A nivel persoal, di sentirse "moi ben. Tiven que parar a fin de semana contra o Nàstic. Ao final a lesión era para un pouco máis de tempo pero puiden estar pronto. Contento por volver".

Tamén se referiu a Carlos Fernández, ao que desexa un pronto regreso: "O único que podemos facer é estar con el, porque é un rapaz incrible. Ao final ímolo a apoiar en todo o que podamos para que se recupere canto antes e pódanos axudar até final de temporada".

O capitán deportivista non cre que as lesións sexan algo "específico de aquí. Hai equipos tamén con varios lesionados. No meu caso, grazas ao corpo médico conseguímonos recuperar rápido. E agora o número de lesións reduciuse. De cara a final de temporada é bo".

Admite que o equipo non está a marcar moitos goles neste tramo da temporada, pero lembra que "contra o Nàstic tivemos moitas oportunidades, eles tiveron unha. E o outro día contra o Málaga tivemos 2 ou 3 e eles practicamente tiveron unha que case nola xeramos nós mesmos aí atrás".

Por conseguinte, o '5' deportivista fala de "xeiras. Esperemos que agora nos toque a serie positiva e volvamos meter moitos goles".

Precisamente recoñece que "os partidos que xogamos ultimamente fóra de ABANCA-RIAZOR dannos moita moral. Xogamos contra o Sporting, que é un bo equipo; contra o Granada, que é dos mellores da categoría; e contra o Málaga, o mesmo. Neses partidos cumprimos. Ademais o golaverage témolo ao noso favor. É importante de cara a final de temporada".

Agora pide Pedro Mosquera "redondear iso en ABANCA-RIAZOR. Se conseguimos facelo, ese salto poderiámolo dar. Este luns é un bo momento".

O feito de xogar en luns fai que o capitán deportivista subliñe que "nos gustaría que os horarios fosen os mellores, pero desde que estou aquí e cónstame que desde antes, a afección do Dépor sempre respondeu independentemente do día que sexa. Dá igual venres, luns. Sempre estivo aí connosco e creo que o vai a seguir estando".

É máis, recalca que "estamos en Segunda División e está a ir moitísima xente a ABANCA-RIAZOR. Ao principio houbo obras, as cousas estaban complicadas por iso. E aínda así a xente viña todos os días. Canta máis xente mellor, pero estamos moi contentos coa afección".