RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera recibe a alta médica

Pedro Mosquera completou esta mañá unha nova sesión de adestramento con normalidade e recibiu a alta médica. Por conseguinte, o capitán deportivista estará a disposición de Pepe Mel para o encontro deste luns 23 de outubro ás 21:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Girona (Gol), pertencente á 9ª xornada de LaLiga Santander.

Tamén se adestraron con normalidade Emre Çolak e Fede Cartabia; ademais de Adrián, aínda que este, todavía sen alta médica, si realizou algunha tarefa co readaptador Fran Molano.

A día de hoxe, tan só Rubén Martínez e Carles Gil traballan á marxe do grupo.

No regreso aos adestramentos despois do día de descanso de onte xoves, o primeiro cadro, cos fabrilistas Francis e Edu Expósito, tivo unha sesión táctica, con ensaio de accións de estratexia, mecanismos de ataque, un exercicio de presión e un partido táctico once para once.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo, a partir das 10:30 horas.