RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peke, citada pola selección española para enfrontarse a Moldavia este mes de setembro

O gran papel de Peke no Deportivo ABANCA durante a pasada temporada, no debut do equipo deportivista na Primeira Iberdrola, tivo o seu premio.

Así, a dianteira branquiazul, unha das máximas goleadoras da máxima categoría do fútbol nacional, foi citada por España para medirse a Moldavia en partido clasificatorio para a Eurocopa de Inglaterra 2022.

O encontro disputarase o próximo 19 de setembro ás 19:00 (hora local, 18:00 en España) no Estadio Zimbru en Chisinau.