RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Pepe Mel incide no traballo ofensivo esta mañá en Abegondo

De cara ao encontro deste domingo 15 de outubro en Ipurúa ante o Eibar (12:00 horas, Bein LaLiga), o Deportivo incidiu esta mañá en Abegondo nas accións de ataque.

Un exercicio de fútbol en espazo reducido e un partido 9 contra 9 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse á marxe Lucas Pérez, Carles Gil, Adrián López, Rubén e Fabian Schär, que, cunhas molestias nos isquiotibiais do partido de Suíza en Lisboa, quedou no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Pedro Mosquera, aínda sen alta médica, completou con normalidade todo o adestramento.

Os canteiráns Óscar, Edu Expósito, Francis e Martín Bengoa adestráronse co primeiro equipo, que aínda non puido contar con Borges e Fede Valverde, cuxa chegada á Coruña está prevista para esta tarde.

Mañá venres haberá unha nova sesión de traballo, en Abegondo ás 10:30 h.