RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Preparándose para o Ensidesa

Avanzaban os días e os deportivistas preparaban o partido que disputarían en Santa Bárbara de Llaranes, populosa barriada de Avilés onde xogaba o Ensidesa. O equipo asturiano, que loitaba por eludir o descenso, auguraba unha épica resistencia ante os bran

Ante a saída a Avilés.
Martín pendente dos lesionados

Ocasións hai ?e esta é unha delas- nas cales non queda máis remedio que botar man do tópico, non como un recurso de emerxencia, sinó como única saída aceptable. E o tópico neste caso é ese tan manido, manoseado, de que ?o fútbol é cada oito días?. Seguramente o seu inventor ?se nisto hai posible paternidade- sería algún adestrador ou directivo, tratando de saír do paso. Pero nesta ocasión non se dá esa circunstancia. Pasou o Málaga co seu empate, que deixou ao Deportivo K.O. no que ao ascenso refírese, pero hai que pensar en que a vida segue e que o club ten necesariamente que superar a fochanca e facer cara ao futuro con resolución e firmeza.

Agora hai que pensar no partido de Avilés do próximo sábado e para iso renováronse os adestramentos con toda ilusión, porque esa pequena llamita de esperanza que aínda non se apagou, hai que mantela acesa a base de entusiasmo e esa miaja de optimismo que se precisa sempre en calquera actividade.

Martín está a tratar de que isto sexa unha verdade tanxible. Non arroxa a toalla. Sabe a enorme dificultade que encerra porque non é un iluso. Pero sabe tamén que é aínda posible. A súa preocupación estriba agora en poder recuperar a algún dos lesionados e está pendente do que os facultativos determinen. Canario é moi posible que poida estar en condicións, do mesmo xeito que Albion e que Traba e desde logo Belló que xa cumpriu o seu castigo federativo. Todos eles son homes importantes. Ao longo da semana irase perfilando o equipo.