RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Presentación de Merlo e Castro II contra o Cádiz

Chegaba o Cádiz a Riazor no que constituiría a presentación dos deportivistas ante o seu público para a tempada 1976/77. Buyo tería a oportunidade de demostrar se a súa valía era tanta como se lle presumía, pero ademais o ariete Merlo xogaría de nove. A m

Onte confirmouno Rial...
MERLO SERÁ O 9 E O 10 CASTRO II

Juan Carlos Merlo figura entre os xogadores convocados por Héctor Rial para o encontro de mañá contra o Cádiz. Tamén aparece no lista Castro II, o mozo centrocampista que procede do Madrid. (...)

Con Rial cambiamos breves impresións terminada a sesión de adestramento de onte. O primeiro que nos dixo foi que Galego se lesionou unha man mentres facía prácticas de baloncesto. Cando lle preguntamos pola aliñación, respondeu:

-Está decidida. Xogarán: Buyo; Pardo, Piris, Belló; Ballesta, Albino; Piño, García, Merlo, Castro II e Rabadeira.

En consecuencia, produciranse as presentacións de Merlo e Castro II, figurando de saída Rabadeira no canto de Pousada. Núñez, que actuou fronte ao Castelló, permanecerá no banco xunto con Andrés, Piña, Castro I e Pousada. Ao dez e media desta mañá os branquiazuis realizarán un programa de exercicios físicos e despois marcharán ao lugar de concentración.

-Que sabe do Cádiz?

-Seino case todo ?contestou Rial. E engadiu: É un equipo perigoso que ten nas súas filas ao chileno e ao ex valencianista Quino. Tamén haberá que ter en conta a Manei e a Villalba, a quen coñezo da miña etapa como seleccionador nacional de xuvenís. Como todos os rivais, o Cádiz virá darnos guerra, pero confío en resolver o compromiso. O empate de Castelló consolidou o ánimo dos meus xogadores.