RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Presentado o DéporCampus Cabreiroá de Nadal de Pontedeume

O salón de plenos do Concello de Pontedeume acolleu na tarde de onte mércores 29 de novembro, ás 18:00 horas, a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Nadal que terá lugar na localidade coruñesa os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2024.

Á presentación acudiron Bernardo Fernández Piñeiro (alcalde de Pontedeume), Joshua Dopico López (concelleiro de deportes), Rosario Huertas Garabana (concelleira de igualdade), Nicolás Fernández Lodeiro (presidente do Eume Deportivo), Juan José Fuentes Tenreiro (director deportivo do Eume Deportivo) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo).

A primeira edición desta actividade na vila eumesa desenvolverase nas instalacións do campo de fútbol da Gándara e está destinada a todos os nenos e nenas de 6 a 14 anos que desexen participar, independentemente do seu nivel de práctica ou a súa experiencia en fútbol.

As prazas son limitadas. Ofértanse un total de 80 e máis da metade xa se cubriron nas primeiras horas, polo que se recomenda aos interesados/as que non demoren a súa inscrición.

Toda a información acerca da actividade pódese consultar nesta ligazón e para calquera dúbida ou consulta sobre o proceso de inscrición poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

Con esta nova sede, os DéporCampus Cabreiroá continúan a súa expansión pola xeografía galega, transmitindo o sentimento deportivista entre os máis pequenos e gozando dunhas xornadas lúdicas de fútbol con adestradores do RC Deportivo.