Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - Granada CF
A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 6 de decembro (12:00) fronte ao Granada CF, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Asociación Participa, CASCO (Comité Cidadán Anti Sida da Coruña), ASPRONAGA, Movemento pola Paz, Hogar Sor Eusebia, Fundación ADCOR e COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.