RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Presentado o DéporCampus Cabreiroá de Nadal de Sada

O campo de fútbol municipal das Mariñas, en Sada, acolleu o pasado venres 1 de decembro a presentación do Dépor Campus Cabreiroá de Nadal que se celebrará a localidade coruñesa na última semana de 2023. Unha sede que desde a súa estrea en 2019 ha ir incrementado a participación paulatinamente até a cuarta edición, o ano pasado, con 80 participantes.

O acto tivo lugar coa presenza de Manuel García Duro, presidente do Sada CF; Manuel Losada, coordinador deportivo do Sada CF; Martín Díez Ramos, coordinador de fútbol 8 do Sada CF e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportivo.

As xornadas de actividade serán o 26, 27 e 28 de decembro e nelas poderán participar nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos.

As prazas son limitadas. Ofértanse un total de 80 e xa quedan poucas dispoñibles, polo que se recomenda aos interesados/as que non demoren a súa inscrición, que se poden realizar en deporcampus.rcdeportivo.es até o mediodía do próximo xoves 21 de decembro.

Toda a información acerca da actividade pódese consultar nesta ligazón e para calquera dúbida ou consulta achega do proceso de inscrición poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.