Esta tarde tivo lugar na Deportienda a presentación do Reloxo Oficial do Real Club Deportivo da Coruña nun acto ao que asistiron responsables do Deportivo, de Racer, a marca fabricante, así como do Corte Inglés, que se encargará da comercialización. Tamén
Pablo Pereiro, director comercial do Club, mostrouse moi satisfeito co acordo alcanzado tanto con Racer como co Corte Inglés. Tamén asistiron os conselleiros do Club Felipe Marcos, Suso Rebollo e Manuel Montiel.
Antonio Fernández, responsable de Racer para España e Portugal manifestou a "ilusión e entusiamo ... por deseñar e fabricar un reloxo exclusivo para o Club. Un deseño único e diferente, deportivo e elegante, singular e con carácter, como o lpropio espírito do club".
José Manuel Branco, en representación do Corte Inglés, tamén tivo eloxios para o reloxo e o acordo con Racer e co Deportivo.
Finalmente Antonio Fernández fixo entrega a Albert Luque dun reloxo pola súa participación no anuncio promocional que foi mostrado en primicia na Deportienda.
O reloxo, unha serie limitada e numerada, ten caixa e brazalete de aceiro macizo, peche de seguridade e cristal mineral endurecido e curvo. É resistente á auga 100 metros. Ten tamén esfera con números árabes en relevo e coroa personalizada. A esfera está dispoñible en branco e en azul.