RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Preto de 12.000 socios xa teñen o carné 2017-2018 nas súas mans

Xa son 11.827 afeccionados deportivistas os que teñen no seu poder o carné de socio para Temporada 2017-2018, tras o peche da OAD este mércores.

A Oficina de Atención ao Deportivista pechou ás oito desta tarde despois de tramitar 1.234 abonos, entre eles os de Bruno Gama. Dese máis dun milleiro de carnés, 59 corresponderon a novas altas e 217 a renovacións a través de internet.

Debido a labores de mantemento, desde as 21:00 horas de hoxe mércores e durante toda a madrugada non será posible renovar renovar ou darse de alta a través da páxina abonos.rcdeportivo.es/gl.

O RC Deportivo lembra unha vez máis aos afeccionados que se queren unirse á xente mariñeira no mesmo lugar do Estadio ABANCA-RIAZOR que ata agora, os asentos resérvanse ata o 5 de agosto. O 7 de agosto quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade.

-Socios: cambio de localidade só con cita previa do 7 ao 9 de agosto
-Socios: cambio de localidade sen cita previa: 10 de agosto
-Novas altas: desde o 11 de agosto

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl (salvo esta madrugada debido ás anteriormente mencionadas labores de mantemento) ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD abren mañá xoves no horario habitual, 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.