RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeira semana de competición de 2026 para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA arrincou este luns 5 de xaneiro a súa primeira semana de competición en 2026, coa visita do UD Costa Adeje Tenerife o domingo 11 ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 15ª xornada.

Con só Paula Monteagudo e Henar á marxe do grupo polos seus respectivos procesos de recuperación, Fran Alonso disporá de 5 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center para preparar o choque ante as canarias, co que concluirá a primeira volta da competición.

As Nosas, con 13 puntos, marchan na 13ª praza.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 5 de xaneiro
10:30 h.

Martes 6 de xaneiro
Descanso

Mércores 7 de xaneiro
10:30 h.

Xoves 8 de xaneiro
10:30 h.

Venres 9 de xaneiro
11:00 h.

Sábado 10 de xaneiro
10:30 h.

Domingo 11 de xaneiro
12:00: Deportivo ABANCA - UD Costa Adeje Tenerife, en ABANCA-RIAZOR