RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira sesión da semana para un Dépor "con boas sensacións" de cara á visita ao Córdoba CF

O Deportivo completou nesta chuviosa mañá de mércores 12 de novembro o seu primeiro adestramento da semana previo á visita ao Córdoba CF, previsto para este domingo 16 de novembro ás 18:30  (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel.

Mario Soriano, após recoller o seu primeiro Premio Estrella Galicia como mellor xogador do mes de outubro, asegura que o equipo está con "sensacións boas despois desa xeira que tivemos menos boa pero agora o equipo está ben, como ao comezo".

O mediocentro madrileño asegura que o vestiario "está con ganas de que chegue un partido que vai ser complicado".

Antonio Hidalgo dispuxo unha activación con rondos no campo 3, un partido en espazos amplos no campo 2 e fútbol reducido para concluír.

Están con adestramento personalizado Yeremay; Ximo Navarro; Escudero; Bachmann, que xa fai tarefas no campo; e Gragera, este cunha escordadura de nocello sufrido ante a Cultural Leonesa.

Pola súa banda, Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu, Bil e Fabi foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves Os Nosos adestraranse de novo este xoves 13 de novembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.