RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira toma de contacto do Consello de Administración do Dépor coa alcaldesa da Coruña

O Consello de Administración do Real Club Deportivo encabezado polo seu presidente Paco Zas, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello da Coruña, onde se reuniu coa alcaldesa Inés Rey para tratar as principais liñas de colaboración entre ambas as entidades.

Á saída do encontro, tanto Paco Zas como Inés Rey destacaron a sintonía entre os responsables do club branquiazul e o goberno local en cuestións crave que afectan ao Dépor e á cidade, como son a accesibilidade e a fachada do Estadio ABANCA Riazor, o futuro Museo do Real Club Deportivo, os actos conmemorativos do 75 aniversario do estadio –este mes de outubro-  e do Teresa Herrera en 2020, e a promoción do fútbol feminino, máis aínda tendo en conta que o Dépor ABANCA estréase esta temporada na liga Iberdrola. Neste sentido, o presidente Paco Zas expresou a intención de que o primeiro equipo feminino poida celebrar os partidos máis destacados no Estadio ABANCA Riazor para potenciar a asistencia e a visibilidade da competición, en consonancia co interese do goberno local.

O presidente e a alcaldesa manifestaron o seu desexo de que ambas as entidades traballen en estreita colaboración posto que o Dépor é unha parte relevante do proxecto de cidade, e con este fin comezarán a traballar de cara á renovación do convenio entre Club e Concello. “Entre todos debemos facer crecer o sentimento de cidade e de pertenza, porque o Dépor é A Coruña e A Coruña é o Dépor”, manifestou Paco Zas.