RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de cara aos dous partidos ante o CD Castellón "para gozar e por suposto para competir"

O Deportivo realizou esta mañá no campo 2 de Abegondo o primeiro adestramento dunha semana con dobre cita ante o CD Castellón con motivo da Final de Campións de Primera Federación, o primeiro deles este mércores 29 de maio ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV).

Mikel Balenziaga, un dos capitáns, subliñou que "o que queremos é seguir competindo, seguir sendo nós e sobre todo gozar. Agora mesmo temos máis motivos que nunca para gozar. Xa nos quitamos o peso de encima de ascender, esa presión extra que tiñamos. Son 2 partidos para gozar e por suposto para competir. E para gañalos".

Tamén Diego Villares apuntou que "nos gustaría levarnos a copa e ser o mellor equipo de Primera Federación".

Esta mañá, Imanol Idiakez dispuxo após unha activación con rondos un exercicio de posición con porterías pequenas. Os titulares ante o Real Unión o pasado sábado fóronse retirando aos vestiarios antes que o resto de futbolistas e continuar con tarefas de recuperación no ximnasio e na padiola dos fisioterapeutas.

Están con traballo personalizado Hugo Rama, Germán, Yeremay, Ximo Navarro, Berto Cayarga, José Ángel e Alcaina.

Rubén López, Martín Ochoa, Kevin Sánchez e Diego Gómez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá martes o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 11:00 horas no último ensaio antes do partido de ida ante o CD Castellón.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK

 

/* Bot imbee */