RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeiro partido amigable de Venezuela ante Panamá para Michi Apóstol mañá sábado 5 de abril

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana no Centro de Alto Rendemento de Margarita para disputar dous partidos amigables ante Panamá.

O primeiro deles xogarase este sábado 5 de abril ás 17:00 horas (hora local, 23:00 hora galega), retransmitido en directo a través da canle de YouTube A Vinotinto TV.

Estes encontros serán preparatorios para a Copa América deste ano 2025.

Michi Apóstol, que renovou recentemente o seu contrato até xuño de 2027, adéstrase diariamente co Dépor ABANCA aínda que compite cada fin de semana co filial, líder da Tercera Federación. Esta temporada suma no Dépor ABANCA B 18 partidos xogados, 17 de titular, con 15 goles.

O calendario de partidos amigables de Venezuela é o seguinte:

Sábado 5 de abril
17:00 (23:00 hora galega): VENEZUELA - PANAMÁ no Centro de Alto Rendemento de Margarita

Martes 8 de abril
Horario por confirmar: VENEZUELA - PANAMÁ, no Centro de Alto Rendemento de Margarita

Finalizado este choque, Michi Apóstol emprende viaxe de regreso á Coruña.