RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Primeiros capítulos da terceira lección

Este pasado sábado, en vésperas da noite máxica de San Juan, as bancadas abarrotadas de deportivistas do Mundo do Fútbol asistiron ao empate a un gol do Deportivo B ante o Don Benito que valía o ascenso á categoría de bronce do fútbol español. Á c

A terceira lección empeza os seus primeiros capítulos. O primeiro, e un dos máis importantes, xa está concluído. Foi o 1 de maio de 2003, cando Manuel Fraga, Presidente da Xunta de Galicia, inauguraba as instalacións do Mundo do Fútbol. A segunda finalizou onte. O filial branquiazul estará a próxima tempada na Segunda División B. Máis preto, pois, da elite. Pero hai máis capítulos. David Rochela, quizais o primeiro "produto" da factoría de Abegondo, acaba de proclamarse campión de Europa Sub-17. Barragán e Adrián, ambos os do primeiro equipo, competirán estes próximos días no Mundial Sub-20. Un coruñés, Iago, criado no Galicia Gaiteira, converteuse nun dos estandartes para os afeccionados. No persoal fabrilista, cada vez máis xogadores saben o que é xogar co primeiro equipo: Fabricio, Rubén Méndez, Iván Pérez, Rivera, Álex, Juan Domínguez, Adrián...

Perico Ramallo, un tipo agradecido onde os haxa, acordouse de todos os técnicos, adestradores, médicos, fisioterapeutas, preparadores físicos, adestradores de porteiros, delegados, auxiliares, masaxistas e utilleros do Club. O éxito de onte compárteno a partes iguais todo o Consello de Administración, procedente a maior parte do fútbol afeccionado, o Presidente Lendoiro do Español; Pachi Dopico da Deportivo Cidade; Jesús Rebollo da Vitoria..., o Director Deportivo, Richard Moar, o Secretario Técnico, Eduardo López Beci, dous ex futbolistas do Club; Ernesto Belo, coordinador de categorías inferiores, auténtico director do fútbol basee branquiazul e máis de medio centenar de persoas que se pasan moitas horas todos os días da semana nos campos do Mundo do Fútbol e de fóra del, ben sexa a cargo dos diferentes equipos do Deportivo ou ben vendo partidos, seguindo a futbolistas por toda España...

A lección continúa coa Escola de Técnicos de Fútbol do Real Club Deportivo, o Campus de Fútbol de verán xa consolidado no Mundo do Fútbol, a Depor Escola... Parabén a todos