RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles fala de "agora non perder a oportunidade" e Lucas, sancionado, lembra que "sen min xa gañaron partidos"

Alberto Quiles e Lucas Pérez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro andaluz, goleador esta tarde, cre que o partido foi "difícil. Xa sabiamos que a AD Ceuta FC era un bo equipo. O que reflicte a clasificación non é real porque vén facendo unha segunda volta moi boa e custounos. Tivemos o control do partido pero non tivemos ocasións moi claras, por iso custounos".

Viu na primeira parte "un partido moi parado, onde o árbitro non deixaba xogar normal e o míster dinos no descanso que nos relaxemos, que nos dediquemos a xogar".

Quiles apunta ante o partido do domingo lonxe de ABANCA-RIAZOR que "agora que estamos aí outra vez non podemos perder esa oportunidade que nos están dando. Córdoba, o estadio, #ANOSAFORZA alí... é un escenario de luxo. Temos que facelo porque logo vén unha final", en referencia á visita do Alcorcón á Coruña.

Pola súa banda, Lucas Pérez, co seu quinto cartón amarelo que lle impedirá xogar en Córdoba, subliña que "algunha vez tiña que ser. Tocoume este partido. E nada, a velo pola tele e animar aos compañeiros. Sen Lucas Pérez xa gañaron partidos, tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra".

Asegura que aínda que ten "un aductor que me dá a lata desde hai un mes, atópome ben fisicamente. Non era un problema".

Márchase hoxe "coa sensación de xogar un partido contra o mellor equipo da segunda volta. Xunteime con eles e díxenllo. Non só polo partido de hoxe. Teñen bo equipo e poden conseguir o obxectivo".

Opina que o partido foi "bronco e aproveitamos a oportunidade que tivemos".

Finalmente Lucas advirte que neste tramo final "ninguén vai regalar nada. O Unionistas gañou 3-0 ao Real Madrid Castilla, o Alcorcón onte tampouco puido gañar ao Linares, o Racing métese aí ao gañar ao Sanse... O que menos erros cometa é o que vai aproveitar a oportunidade".