RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Quinta semana dos DéporCampus Cabreiroá 2025 con actividade en Abegondo e Sada

O DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social que chega da man da Fundación RC Deportivo, iniciou este luns a súa quinta semana con 150 nenos e nenas.

Nesta ocasión a actividade redúcese á quinta quenda de Abegondo e á sede de Sada, que tamén acolle a Escola RC Deportivo durante o curso escolar.

A novidade consiste en que futbolistas do primeiro equipo deportivista xunto a canteiráns e canteirás son os encargados cada semana de repartir os diplomas, asinar autógrafos e fotografarse cos alumnos e alumnas.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Entre os obxectivos están aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos; aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo; aprender as habilidades e conceptos na relación co balón; traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica; competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos; e finalmente transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Últimas horas para inscribirse en Zas

Con Abegondo e Cedeira xa esgotados, até este martes 22 de xullo ás 14:00 está aberto o prazo de inscrición para o DéporCampus Cabreiroá de Zas.

No entanto, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.