O sorteo de dezaseisavos de final da Copa do Rei, que se disputarán o día 6 de novembro a partido único, deparou un enfrontamento Racing de Ferrol - Deportivo. Diego Tristán e Roy Makaay destacaron a dificultade do emparellamento aínda que ambos coincidir
Javier Irureta, pola súa banda, sinalou tamén a importancia de que este compromiso sexa próximo e dixo que, aínda que non será fácil, haberá que esperar a novembro para pensar nel. O resto dos emparellamentos de Copa do Rei foron: CULTURAL LEONESA - ATLÉTICO DE MADRID NUMANCIA -CELTA OVIEDO - REAL MADRID XETAFE - VALLADOLID REAL UNIÓN DE IRÚN- ATHLETIC DE BILBAO EIBAR - OSASUNA ZARAGOZA - ARABÉS ALACANTE - VALENCIA HÉRCULES - MALLORCA NOVELDA - TERRASSA PALAMÓS - BETIS LINARES - SEVILLA XEREZ - MÁLAGA ALMERÍA - RECREATIVO DE HUELVA REAL MURCIA - BADAXOZ