Rafael Obrador Burguera (Mallorca, 24 de febreiro de 2004) foi presentado esta mañá como novo xogador do Deportivo cedido esta temporada polo Real Madrid CF.
Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, explicou que "vén ocupar a posición de lateral esquerdo, máis adiante se o míster creo conveniente".
Pola súa banda, Rafa Obrador cualifica ao grupo como "incrible. Acolléronme moi ben desde o primeiro día, tanto xogadores como staff".
Sorprendeulle nos seus primeiros días na Coruña a Cidade Deportiva: "As instalacións son dun gran nivel. E o grupo. Son xogadores veteranos que a un rapaz novo como eu acolléronme moi rápido".
O novo carrilero deportivista desvela que este verán "tivo varias ofertas que estaba a barallar, pero cando chega a oferta do Dépor penso que é un lugar moi bo para crecer como xogador. Tiven a oportunidade de xogar en ABANCA-RIAZOR hai dous anos como visitante (co Real Madrid Castilla). A afección, o estadio sorprendéronme moito e axudáronme a decidirme polo Dépor".
Apunta que "a decisión foi rápida. A falta de lateral esquerdo (coas lesións de Escudero e Iano) é un factor importante porque eu veño á parte de achegar ao equipo, invidualmente o que quero é crecer como xogador e ter minutos. É moi importante".
A nivel físico asegura sentirse "ben. Estiven adestrando esta pretemporada no Real Madrid Castilla. Non parei. Levo unha semana aquí e síntome moi ben fisicamente, mentalmente, con moitas ganas". "Espero poder achegar ao equipo o máximo", engade.
É consciente que "é importante defender. Son lateral, son defensa. Teño unha marxe importante na defensa pero tamén achegar ao equipo en ataque con profundidade e chegada á liña de fondo".
Defínese como un futbolista "polivalente. Pódome adaptar ás necesidades do equipo. Se me piden profundidade son capaz de chegar á liña de fondo, se o míster pídeme que me meta por dentro tamén son capaz... Así que o que necesite o equipo".
Obrador non oculta que lle "encantaría" debutar este domingo 1 de setembro ante o Racing de Ferrol (17:00, LaLiga Hypermotion) porque "é un estadio histórico cunha afección moi próxima. Estaría moi contento". De feito, subliña que "tácticamente aos poucos vou ir captando as cousas que quere o míster pero cando se me necesite vou estar ao 100%".
Após debutar en Primera División co Real Madrid, sente agora "moitas ganas de xogar en Segunda. Véxome preparado. Tanto o Club como eu vemos que teño capacidades para esta categoría e vou ir con todo".