RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raúl non dubida de que "#ANOSAFORZA vai estar connosco" e Olabe asegura que "este equipo ten moita enerxía"

Raúl Carnero e Roberto Olabe foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O lateral coruñés admite que a opción de ser primeiros "afastar afástase moito porque quedan menos puntos, non lles recortamos e teñen que fallar moitos".

Confesa ademais que, despois da noticia de onte do falecemento de Arsenio Iglesias, "estamos moi amolados e non hai máis que seguir. Isto non acabou, quedan partidos de liga e posteriormente, se non se ascende, un playoff no que temos que ascender. Hai que seguir e remar".

Raúl non ten dúbida de que "se toca xogar o playoff #ANOSAFORZA vai estar connosco e ese factor campo vaise a notar. A xente quere ver ao Dépor en Segunda División o ano que vén, vai saber deixar ao carón os asubíos e vai apoiar a matar porque sabe igual que nós o que nos estamos xogando".

Pola súa banda, Roberto Olabe explicou que "o inicio do partido non foi como o que nós queriamos. Eles fano ben, lánzanche moita xente contra a nosa primeira liña, apértanche ben, quítanche moito espazo para xogar. Tamén foi mérito deles que non nos atopásemos do todo a gusto. O perigo que puideron facer foi por perdas nosas".

O centrocampista vasco cre que a partir do minuto 25 o Dépor "deu un paso adiante, transmitiu toda esa enerxía que queremos transmitir con #ANOSAFORZA en ABANCA-RIAZOR. E a segunda parte foi en liñas xerais boa. Eles teñen xente moi potente arriba, esixíronnos pero o mellor do partido foi o seu porteiro con dúas moi boas paradas".

Laméntase o mediocentro deportivista que "hoxe era un día moi importante para poder optar ao ascenso directo. Todo o que non fose gañar íanos a distanciar un pouco máis".

Finalmente, en caso dun hipotético playoff, asegura Olabe que o Dépor chegaría "preparado. Volvémonos de Badaxoz en autobús a 10 puntos. Seguimos estando con opcións de ser primeiros. Este equipo ten moita enerxía, téñoo moi claro; e imos chegar preparados".