RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raúl non se fía do AD Ceuta porque contra o Dépor "os rivais dan un plus máis"

Raúl Carnero subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Dépor chega a Ceuta despois "dun partido moi bo en ABANCA-RIAZOR (ante o Racing de Ferrol). O de Badaxoz foi a última viaxe e o importante era a semana pasada, refacernos dese partido que sempre esperas que sexa o partido feo da temporada e que non volva ocorrer".

Advirte que contra o Dépor "os rivais dan un plus máis. Sabemos a viaxe, sabemos que eles tamén veñen agora dun empate e unha vitoria, que van estar moi motivados. Espero un partido complicado, como están a ser todos, e espero que sigamos nesta liña que levamos de bos partidos, como o último en ABANCA-RIAZOR; e que se nos note esa ambición de querer gañar o partido desde o principio".

Preguntado por Lucas, sostén que "aquí todos queremos que veña. É un dianteiro de primeiro nivel, ten moito gol. Aquí xa xogou, fixo grandes cousas, xogou en grandes equipos. Todo o mundo quere que veña, pero pertence ao Cádiz. Son cousas entre clubs".

Iso si, no caso de que ao final non viñese, "os que estamos plena confianza e somos os que estamos a sacar isto adiante. Temos que centrarnos no partido que temos, que é moi importante. E o de Lucas velo desde a distancia". "Iso son cousas dos clubs e temos que centrarnos no que nos vén. Quedan moi poucos días para estar xa xogando o último partido de este ano", conclúe.

Despois de retirarse onte ao vestiario antes que o resto dos seus compañeiros, a nivel físico asegura atoparse "ben. Levamos unha semana na que tivemos 3 encontros. Disputei os 90 nos 3 e moitas veces controlas cargas segundo minutos e demais para evitar lesións. Pero atópome ben".