RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

RC Deportivo, San Tirso SD e Concello de Abegondo renovan o seu acordo por 15 anos

A casa consistorial de Abegondo acolleu este mediodía a firma do acordo de renovación do convenio que une a RC Deportivo, San Tirso SD e Concello de Abegondo para os próximos 15 anos, até a temporada 2036-2037, con posibilidade de ampliación de dúas campañas máis.

O obxectivo do convenio é continuar coa colaboración entre as partes, iniciada hai cinco anos, para potenciar o desenvolvemento futbolístico dos xogadores da Nosa Canteira, xunto ao desenvolvemento dos equipos municipais de fútbol base do San Tirso SD e do Concello de Abegondo.

Infantil e Cadete seguirán sendo as categorías nas que se producirá a colaboración entre entidades, coa competición como local de ambos os casos no Campo de O Monte.

Xunto a Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, José Carlos Fernández Dans, presidente do San Tirso SD e José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo, estiveron no acto os canteiráns do primeiro equipo Trilli e Noel, que conseguiron un dos primeiros fitos do Santirso SD sendo xa equipo vinculado ao RC Deportivo co ascenso logrado en Cadetes no seu primeiro ano na categoría, fito que ambos os xogadores lembraron con agarimo no salón de plenos do Concello de Abegondo.