Recuperación para os titulares onte ante o Eibar e intensidade para o resto do persoal
Os titulares onte ante o Eibar tiveron esta mañana sesión de recuperación en Abegondo. Houbo carreira continua, estiramentos, rondos, masaxe e ximnasio.
Para os demais houbo intensidade, cun traballo de forza, posesión e partidos en espazo reducido.
Mañá domingo haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o luns 22 de agosto ás 10.30 horas en Abegondo.