RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Remontada do Dépor ABANCA B sobre o Victoria CF en 5 minutos, con Michi Apóstol á fronte

Dous goles de Michi Apóstol (na foto na fila de abaixo a primeira xogadora empezando pola dereita) nos minutos 60 e 65 deron o triunfo en Abegondo ao Deportivo ABANCA B (2-1) sobre o Victoria CF, en partido correspondente á 24ª xornada en Tercera Federación FutFem.

As blanquinegras adiantáronse no marcador aos 13 minutos pero a internacional venezolana decidiu co seu talento após o descanso.

O encontro deixou a boa noticia do regreso aos campos de Marta Rico, superada a súa lesión de xeonllo. Ante o Victoria CF a canteirá saltou ao céspede no minuto 69 en substitución de Sara Cercido.

Con este resultado, o equipo de Óscar Orro suma 56 puntos por 66 puntos do líder, o Real Avilés CF.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Noelia Mayo, Uxía López, Elena Vázquez, Carmen Carballada, Michi Apóstol, Sara Cercido, Lucía Rivas, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Lucía Mariño, Marta Rico e Laura Santos.

Pasada a Semana Santa, o Deportivo ABANCA B visita ao CD Bovedana de Zamora.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1
Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1
Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)
Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 1