RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Intensa fin de semana de torneos en #ANOSACANTEIRA, desde o Cadete ao Fabril FC Benxamín, pasando polo Orzán SD Infantil Feminino.

Os deportivistas competiron en Francia, Polonia, Torrelavega, Massanassa, Azpeitia, Vilagarcía, Ribadumia e Vilalonga.

Sobresaíron o Cadete, campión en Vilagarcía; o Alevín A, prata en Massanassa; cadetes e alevíns, semifinalistas en Torrelavega; o Fabril FC Alevín, semifinalista en Azpeitia; e Infantil, semifinalista en Ribadumia.

Os dous equipos branquiazuis alcanzaron as semifinais do Torneo San Bernabé

Un equipo cadete e outro alevín branquiazul competiron no Torneo San Bernabé en Cantabria. Ambos os conxuntos alcanzaron as semifinais e foron eliminados polo CA Osasuna e Real Racing Club respectivamente, este último na quenda de penaltis.

Así pois, gran fin de semana do Dépor neste prestixioso torneo cántabro.

Os resultados do Cadete (na foto sobre estas liñas) foron os seguintes:

Venres 10 de xuño
Primeira Fase
CADETE 4 (Jairo -2-, Telmo e Pose) - BASKAURI FE 1

Sábado 11 de xuño
CLUB BANSANDER 1 - CADETE 3 (Nico Ruiz, Dani e Rubén)
CADETE 9 (Murilo -3-, Iker, Vergara, Rubén, Telmo, Dani e un futbolista rival en propia meta) - UC CARTES 0

Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
CADETE 2 (Murilo e Jairo) - UD AMISTAD 0

Cuartos de final
CADETE 2 (Nico e Dani) - REAL VALLADOLID 2. A penaltis: 3-2

Semifinal
CADETE 1 (Rubén) - CA OSASUNA 3

Pola súa banda, os resultados en infantís foron estes:

Venres 10 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 9 (Guille -3-, Gabri -2-, Antón, Javi Barral, Hugo e Esteban) - CD REVILLA B 0

Sábado 11 de xuño
DEPORTIVO 9 (Fructuoso -4-, Esteban -2-, Martín Forján -2- e Antón) - CDE VALLE LEBANIEGO 0
DEPORTIVO 3 (Lucas Vázquez, Javi Seoane e un futbolista rival en propia meta) - ATLÉTICO PERINES 0
DEPORTIVO 4 (Martín Forján -3- e Esteban) - CD INTER VISTA ALEGRE 0
DEPORTIVO 6 (Guille -3-, Gabri, Fructuoso e Antón) - AD SAN AGUSTÍN 0

Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
DEPORTIVO 2 (Antón e Lucas Vázquez) - SD INDAUTXU 2. A penaltis: 3-2

Cuartos de final
DEPORTIVO 6 (Fructuoso -3-, Martín Forján, David e Gabri) - CD ARRATIA 0

Semifinal
DEPORTIVO 0 - RACING DE SANTANDER 0. A penaltis: 2-3

O Fabril FC Alevín cae en semifinais da Azpeitia Cup

Equipos da talla do Athletic Club ou do RCD Espanyol foron algúns dos rivais do Fabril FC Alevín (na foto sobre estas liñas) na Azpeitia Cup 2022.

Despois de superar brillantemente dúas fases, os fabrilistas caeron en semifinais co Real Betis (0-2).

Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes :

Venres 10 de xuño
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Thiago Montes) - COMIÑAS CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nico Torres) - DANENA KE 0

Sábado 11 de xuño
RCD ESPANYOL 4 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Iker Obeso)
ATHLETIC CLUB 2 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Torres e Thiago Montes -2-)
CLUB ESPORTIU MERCANTIL 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Thiago Montes, Iker Obeso -2- e Javi Barral)

Domingo 12 de xuño
Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Adrián e Thiago Montes) - ATLÉTICO DE MADRID 2
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Thiago Montes -2-, Leo Sánchez, Iker Obeso Javi Barral) - VILLARREAL CF 1

Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 0 - REAL BETIS 2

O campión galego cadete gañou o torneo no campo da Pelada (Vilagarcía)

O Cadete, flamante campión galego esta temporada, impúxose na final ao RC Celta nun torneo que se desenvolveu no campo da Pelada en Vilagarcía de Arousa.

Ademais, Jorge García foi o máximo goleador e Luis, a meta menos batido.

ED Arousa e Pontevedra CF foron os rivais iniciais dos pupilos de Darío Cotelo.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 3 (Jorge García, Samute e Carballo) - PONTEVEDRA CF 1
ED AROUSA 0 - DEPORTIVO 3 (Jorge García, Noé e Juan Barrós)

Semifinais
DEPORTIVO 3 (Jorge García, Noé e Juan Barrós) - CD CHOCO 0

Final
DEPORTIVO 1 (Dani Estévez) - RC CELTA 0

O Infantil non puido co FC Porto en semifinais da II Copa Ribadumia Clae Viajes

O Infantil (na foto sobre estas liñas) participou esta fin de semana na II edición da Copa Ribadumia Clae Viajes que se xogou nas instalacións deportivas da Senra en Ribadumia.

O equipo branquiazul, despois dun gran torneo, foi eliminado polo FC Porto en semifinais (0-1).

Os resultados do Infantil foron os seguintes:

Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
INFANTIL 1 (Diego) - BARAKALDO CF 2
INFANTIL 5 (Frank, Borja, Balbas e Marcos -2-) - SD BURELA 0
INFANTIL 2 (Diego -2-) - GIL VICENTE FC 0
INFANTIL 2 (Hugo e Leandro) - PONTEVEDRA CF 0

Domingo 12 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL 1 (Lucas) - SHELBOURNE FC 0

Cuartos de final
INFANTIL 1 (Mosquera) - VICTORIA CF 0

Semifinal
INFANTIL 0 - FC PORTO 1

Notable participación dun Infantil branquiazul no Tournoi International Guerlédan (Francia)

Un conxunto infantil do Dépor integrou o cartel do Tournoi International Guerlédan no pobo francés de Guerlédan (Bretaña). A competición desenvolveuse na modalidade de fútbol 8.

O cadro deportivista, despois de superar a primeira fase, quedou eliminado hoxe na Segunda Fase por diferenza de goles.

Os resultados do Dépor neste torneo francés foron os seguintes:

Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 1 (Nico) - FC TOULON 0
DEPORTIVO 1 (Trigo) - FC 93 BOBIGNY 0
DEPORTIVO 5 (Nico, Gael -2-, Sergio e Joaquín) - EA LA TESSOUALLE 0
DEPORTIVO 5 (Mauro, Trigo -2-, Samuel e Gael) - US PERROS LOUANNEC 0
DEPORTIVO 4 (Mauro -3- e Joaquín) - PLOUZANÉ AC 0
DEPORTIVO 1 (Nico) - FC LORIENT 0
DEPORTIVO 6 (Joaquín -3-, Iago, Sergio e Joel) - GJ LE SOURN SAINT THURIAU 0

Domingo 12 de xuño
Segunda Fase
DEPORTIVO 1 (Nico e Gael) - AS GUINGLIN 0
DEPORTIVO 0 - FC ROUEN 0
DEPORTIVO 1 (Trigo) - VAL YERRES CROSNE 0

Medalla de prata para o Alevín A en o Torneo Tifut en Massanassa (Valencia)

O Alevín A logrou unha brillante medalla de prata da XVI edición do Torneo Tifut, que se disputou na localidade valenciana de Massanassa.

Villarreal CF, Valencia CF ou Elche CF foron algúns de rivais dos branquiazuis neste torneo.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes

Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
ELCHE CF 2 - ALEVÍN A 1 (José Quiroga)
ALEVÍN A 6 (Sergio -2-, Nikolay -2-, Iago Lameiro e Pablo Somoza) - VILARREAL CF
ALEVÍN A 8 (Sergio -2-, Iago Varela -2-, Pablo Vara, Álex, Pablo Somoza e Iago Lameiro) - CDB MASSANASSA 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Nikolay e Sergio) - ALBACETE BALOMPIÉ 0

Domingo 12 de xuño
Semifinal
ALEVÍN A 1 (Sergio) - VALENCIA CF 1. A penaltis: 3-2

Final
ALEVÍN A 2 (Nikolay e Sergio) - ELCHE CF 3

O Benxamín A clasificouse oitavo na Sokolik Cup de Polonia

O Benxamín A (foto principal) viviu unha nova experiencia esta fin de semana en Europa, concretamente en Polonia, coa Sokolik Cup 2022, que se disputou na localidade de Stary Sącz, ao sur do país.

O equipo deportivista xogou hoxe domingo a Fase de Ouro, na que finalizou cuarto. Na pelexa pola sétima e oitava praza, perdeu nos penaltis ante o cadro do Delta Warskzowe.

Ademais, Nacho Villanueva (na foto sobre estas liñas) entrou no sete ideal do torneo.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Sábado 11 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Iván Gil -2-, Nacho Villanueva e Hugo Luaces) - FC MIDTJYLLAND 1
BENXAMÍN A 3 (Hugo Luaces, Iván Gil e Hugo Macedo) - ŠK SLOVAN BRATISLAVA 0
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil) - FK RFS RIGA 0
BENXAMÍN A 1 (Iván Gil) - AP TALENT WARSZAWA 3
BENXAMÍN A 1 (Nacho Villanueva) - WKS ŚLĄSK WROCŁAW 3

Domingo 12 de xuño
Fase de Ouro
BENXAMÍN A 0 - POGON SZCZECIN 0
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Andrés) - FK KLAIPEDA 0
BENXAMÍN A 3 (Hugo Macedo -2- e Iván Gil) - WKS ŚLĄSK WROCŁAW 0
BENXAMÍN A 3 (Hugo Macedo -2- e Nacho Villanueva) - ZAGLEBIE LUBIN 4
BENXAMÍN A 0 - FC PORTO 3

Partido pola 7ª praza
BENXAMÍN A 1 (David Gómez) - DELTA 1 WARSKZOWE 1. A penaltis: 2-3.

O Fabril FC Benxamín acaba en decimosegunda posición da Pitchoun's Cup 2022

Se a pasada fin de semana o Fabril FC Benxamín xogou dous torneos na cidade alemá de Colonia, en leste viaxou a Francia para xogar a Pitchoun's Cup 2022, prestixioso torneo que se xoga na localidade de Luynes (Centre-Val de Loire).

O KV Kortrijk belga, o Manchester City FC inglés, o Racing FC Union Lëtzebuerg luxemburgués e os franceses AS Saint-Priest, Burel FC, Olympique Rovenain e SC Briard foron os rivais dos fabrilistas no grupo 2.

Após unha intensa xornada de sábado, o Fabril FC Benxamín acabou en 12ª posición de 64 equipos.

Os resultados foron os seguintes:

Sábado 11 de xuño
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Thiago López, Javi Meiriño e Miguel Candal) - KV KORTRIJK 1
MANCHESTER CITY FC 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel Candal -2-)
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Thiago López) - BUREL FC 3
AS ST PRIEST 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alejandro Astray e Miguel Candal) - RACING FC UNION LËTZEBUERG 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - OLYMPIQUE ROVENAIN 4
SC BRIARD 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0

Boa aprendizaxe para o Orzán SD Infantil Feminino ante rivais masculinos

O Orzán SD Infantil Feminino, campión galego da categoría, disputou a I edición do Trofeo San Pedro, no campo homónimo en Vilalonga e no do Revel en Sanxenxo.

Foi unha competición mixta. Así, o cadro orzanista quedou emparellado no grupo 2 co UD Santamariña, SD Villestro e Villalonga FC, todos equipos masculinos de Liga Galega e División de Honra infantil.

O Orzán SD Infantil Feminino acabou con boas sensacións a competición e sobre todo cunha notable aprendizaxe ante rivais loxicamente superiores en físico.

Os resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
VILLALONGA FC 3 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0
SD VILLESTRO 3 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - UD SANTA MARIÑA 7

Fase de Consolación
ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 0 - UMIA CF 4