RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O groso da xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA celebrouse hoxe domingo. Ás 12:00 xogaron en Abegondo o Fabril ante o Alondras CF (1-1) e o Deportivo ABANCA B ante o CD Oceja (7-0).

No filial masculino, que arrancou a liga o pasado domingo con triunfo en Paiosaco (0-1), Dani Barcia rescatou un punto no último minuto de partido. Antes, ao cuarto de hora de xogo, adiantouse de penalti o Alondras CF.

Menos problemas tivo o Dépor ABANCA B, moi superior ao CD Oceja (7-0). Noela, unha das grandes revelacións da pretemporada no primeiro equipo, foi unha das protagonistas do choque ao anotar 3 goles.

Tamén ás 12:00 pero en Santa Cruz de Bezana (Cantabria), o Xuvenil A dobregou (1-2) ao CD Marina Sport. Media hora máis tarde, o Xuvenil B caeu (3-2) con ED Xuventude de Oroso en Sigüeiro, na 2ª xornada da Liga Nacional; e pola tarde, o choque da Primeira División Autonómica entre o Orzán SD Xuvenil Feminino e o Atlético Arousana, saldouse con triunfo orzanista: 5-1.

Onte sábado unicamente xogáronse dous partidos oficiais, cos dous equipos cadetes na División de Honra, ambos lonxe de Abegondo: o branquiazul en Pontevedra ante o AJ Lérez (0-4) e o San Tirso SD en Nigrán fronte ao ED Val Miñor Nigrán (2-1).

O venres arrancou a recentemente creada División de Honra infantil co partido entre o Deportivo e o San Tirso SD. O choque concluíu con triunfo branquiazul (4-0), con goles de Mauro, Nico, Antón e Iker.

Un interesante test do Fabril o pasado martes en Abegondo ante a selección galega iniciou unha nova semana de partidos e torneos en #ANOSACANTEIRA. O resultado, que é o de menos, favoreceu ao combinado galaico (2-3). Os goles fabrilistas foron obra de Mella e Nájera.

Finalmente seguen en pretemporada os alevíns e benxamíns, con torneos en Santiago, Rio Tinto (Gondomar, Portugal), Ribeira e Arcade; ademais do Orzán SD Cadete Feminino B, con amigable en Meicende finalizado en igualada (1-1).

Destacaron a medalla de ouro do Alevín A no Trofeo Deputación da Coruña; e a prata do Fabril FC Alevín e Benxamín no Torneo Concello de Ribeira.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
Amigable: FABRIL 2 (Mella e Nájera) - SELECCIÓN GALEGA 3
2ª xornada: FABRIL 1 (Dani Barcia) - ALONDRAS CF 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD OCEJA 0

Primeira División Autonómica, 2ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - ATLÉTICO AROUSANA 1

Amigable: SPORTING MEICENDE 1 - ORZÁN SD CADETE FEMININO B 1 (Sofía Rodríguez)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: CD MARINA SPORT 1 - XUVENIL A 2 (Hugo e Kevin)

Liga Nacional, 2ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO 3 - XUVENIL B 2 (Mesfin e Rubén)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: AJ LÉREZ 0 - CADETE 4 (Lucas, Dani, André e Iker Gil)

División de Honra, 2ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 2 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo)

Categoría infantil
División de Honra, 1ª xornada: INFANTIL 4 (Mauro, Nico, Antón e Íker) - SAN TIRSO SD INFANTIL 0

Categoría alevín
I Torneo Deputación da Coruña nas Cancelas (Santiago)
Domingo 18 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 8 (Iker Obeso -2- Leo Sánchez, Mario González, Manu Alcázar, Yael López, Nico Torres e Hugo Caridad) - ED XUVENTUDE DE OROSO B 0
EF IRMANDIÑOS 0 - ALEVÍN A 8 (Nico Torres -3-, Iker Obeso -2-, Yael López, Javi Barral e Mario González)

Oitavos de final
ALEVÍN A 4 (Nico Torres -3- e Mario González)

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Javi Barral e Nico Torres) - RACING DE FERROL 0

Semifinais
ALEVÍN A 4 (Iker Obeso -2-, Mario González e Javi Barral) - ED XUVENTUDE DE OROSO 2

Final
ALEVÍN A 8 (Thiago Montes -4-, Javi Barral, Nico Torres, David Ramos e Manu Alcázar) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

O Alevín A foi campión e Iker Obeso foi o mellor xogador do torneo.

II Torneo de fútbol base Concello de Ribeira (campo da Fieiteira)
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nacho Villanueva -2- e David Gómez)
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - ED VAL MIÑOR 1
CIDADE DE RIBEIRA CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez -3-)

Semifinais
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Martín López -2-, David Gómez, Nacho Villanueva, Hugo Macedo e Iván Gil) - CD CONXO SANTIAGO 1

Final
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3

Categoría benxamín
Cart Cup no Complexo Fernando Pedrosa (Río Tinto, Portugal)
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao, Miguel Candal, Hugo Bujía, Javi Meiriño, Pablo Sánchez e Mateo Carballeira) - RÍO AVE FC 0
BENXAMÍN A 5 (Hugo Quintela -2-, Miguel Candal, Mateo Carballeira e Hugo Bujía) - SC SALGUEIROS 2
BENXAMÍN A 6 (Xiao Fontao -2-, Hugo Bujía, Javi Meiriño, Miguel Candal e Mateo Carballeira) - GONDOMAR SC 0

Domingo 18 de setembro
Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - SPORTING CP 0. A penaltis: 2-3

Partidos do 5º ao 8º
BENXAMÍN A 4 (Alejandro Astray -2-, Thiago López e Mateo Carballeira)
BENXAMÍN A 3 (Hugo Quintela -2- e Miguel Candal) - VITÓRIA SC 0

O Benxamín A acabou en quinta posición.

Torneo de Arcade
Sábado 17 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - EF DENIS SUÁREZ 0
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Alberto Novo)
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Yago Prieto e Leo Lorenzo) - PABELLÓN OURENSE CF 5

Fase de Consolación
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - UD SANTA MARIÑA 2

II Torneo de fútbol base Concello de Ribeira (campo da Fieiteira)
Domingo 18 de setembro
Primeira Fase
ED XUVENTUDE DE OROSO 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mateo Songo'o -2-)
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Alberto Novo -2-, Álex Casado, Mateo Cardelle e un futbolista rival en propia porta) - ED VAL MIÑOR 2
CIDADE DE RIBEIRA CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Mateo Cardelle)

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o) - CD CONXO SANTIAGO 0

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED XUVENTUDE DE OROSO 3

O Fabril FC Benxamín foi brillante subcampión.