RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Nunha semana histórica para #ANOSACANTEIRA polo debut do Xuvenil A en a UEFA Youth League á que accedeu como campión de España, xogaron onte sábado en Abegondo o Deportivo ABANCA B, que retomou á liga en Primeira Nacional coa visita do CD Olímpico de León (0-1); o Cadete (4-1) e Infantil (3-0). Estes dous últimos equipos iniciaron a competición na División de Honra, na que se defende título, e na liga Galega, respectivamente.

Kevin Cabado tivo as baixas de Reigosa e Aroa Guerra, convocadas polo Deportivo ABANCA para o partido en Pamplona; ademais das lesionadas Uxía Cabada e Eva Santamaría. O Dépor ABANCA foi superior pero atopouse cun gol do Olímpico de León nos minutos finais.

Pola súa banda, o Cadete quedou encadrado no subgrupo A, composto por estes equipos: Ural Español CF, CD Calasanz, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros CF, Galicia de Caranza, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Bergantiños CF, CD Lugo, ED Xuventude de Oroso e Bertamiráns FC. Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son 22 xornadas. Os catro primeiros xogarán a Fase polo Título cos catro primeiros clasificados do subgrupo B. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

E o Infantil ten estes rivais iniciais no subgrupo B norte da liga Galega: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD. Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase de Ascenso á División de Honra e Título co cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Para hoxe domingo 3 de outubro quedou o encontro de liga do Xuvenil A após o seu histórico primeiro partido na UEFA Youth League. Os pupilos de Manuel Pablo, líderes da División de Honra, dobregaron con claridade en Abegondo (5-0) ao Pabellón Ourense CF. Pablo Trigo, con tres dianas, foi o protagonista do encontro.

Fóra de casa competiu un Fabril que, xa instalado no grupo de cabeza en Terceira RFEF, caeu (1-0) no entanto en Lugo ante o Polvorín FC. No filial deportivista debutou o lateral destro coruñés José Currás, procedente do Bergantiños CF. 

Óscar Gilsanz puido contar para este partido con Yeremay, que esta semana xogou co Xuvenil A en Polonia; e non entrou nos plans de Borja Jiménez no Deportivo para o partido en ABANCA-RIAZOR ante a SD Logroñés. Nas súas botas tivo unha das mellores oportunidades para empatar un encontro que decidiu o tanto de Leandro no minuto 26.

Finalmente, os dous equipos alevíns e o Benxamín A tiveron torneo esta fin de semana en Arcade e Ribeira respectivamente; do mesmo xeito que partidos amigables o Orzán SD Feminino Xuvenil, Cadete e Infantil; e o Fabril FC Benxamín.

De todos eles sobresaíron onte sábado o Benxamín A, campión do Trofeo Concello de Ribeira; e o Fabril FC Alevín, subcampión do torneo organizado polo CD Arcade; onde Raúl, do Alevín A, foi elixido mellor xogador. Hoxe domingo, o Alevín A obtivo a medalla de bronce no Concello de Ribeira.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF

4ª xornada: POLVORÍN FC 1 - FABRIL 0

Categoría feminina

Primeira Nacional, grupo 1º, 4ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - CD OLÍMPICO DE LEÓN 1

Amigable: LÓSTREGO CF A 4 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 0

Amigable: ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Paula Martínez e Nadia) - IMPERÁTOR OAR B 3

Amigable: LÓSTREGO CF (cadete) 5 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 1 (Sofía Rodríguez)

Categoría xuvenil

División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A 5 (Álex González, Pablo Trigo -3- e Nacho) - PABELLÓN OURENSE CF 0

Liga Nacional, 3ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL CF 1 - XUVENIL B 2 (Kevin -2-)

Categoría cadete

División de Honra, subgrupo A, 1ª xornada: CADETE 4 (Guerreiro -2-, Zoe e Jorge García) - CD CALASANZ 1

Categoría infantil

Liga Galega, subgrupo B norte, 1ª xornada: INFANTIL 3 (Mosquera, Íker Casuso e Janusz) - URAL ESPAÑOL CF 0

Categoría alevín

Torneo do CD Arcade no campo de O Salgueirón (Soutomaior)

Sábado 2 de outubro

Primeira Fase

FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Torres -3-) - UD MOS 0

ALEVÍN A 8 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Raúl, Martín Forján, Iago Lameiro e un futbolista rival en propia meta) - BERTAMIRÁNS FC 0

FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo, Thiago e Yael) - CENTED ACADEMY 2

ARENTEIRO EMF 0 - ALEVÍN A 7 (Javi, Pablo Somoza, Raúl -2-, Iago Lameiro e Gabri)

FABRIL FC ALEVÍN 8 (Sergio, Leo, Mario, Javi -2-, Thiago, Nico e Íker -2-) - AXD VERDUGO 0

CD ARCADE 0 - ALEVÍN A 7 (Raúl -2-, Pablo Somozas -2-, Gabri, Iago Lameiro e un futbolista rival en propia meta)

Oitavos de final

ALEVÍN A 8 (Iago Lameiro -2-, Hugo -2-, Nico, Pablo Somoza, Raúl e Lucas Vázquez) - ORILLAMAR SD 0

FABRIL FC ALEVÍN 5 (Leo, Nico Torres, Mario, Manu Alcázar e Yael) - ALONDRAS CF 0

Cuartos de final

ALEVÍN A 1 (Hugo) - RÁPIDO DE BOUZAS 1. A penaltis: 0-2

FABRIL FC ALEVÍN 1 (Hugo) - COLEGIO HOGAR 0

Semifinal

FABRIL FC ALEVÍN 4 (Mario, Iker -2- e Hugo) - RC CELTA 2

Final

FABRIL FC ALEVÍN 1 (Sergio) - RÁPIDO DE BOUZAS 4

Torneo Concello de Ribeira, na Fieiteira (Ribeira)

Domingo 3 de outubro

Primeira Fase

CD CONXO SANTIAGO 0 - ALEVÍN A 6 (Gabri -2-, Martín Forján, Raúl, Iago Lameiro e José Quiroga)

ALEVÍN A 0 - ED VAL MIÑOR 1

SD XUVENTÚ AGUIÑO 0 - ALEVÍN A 9 (Martín Forján -4-, Iago Lameiro -3-, Raúl e Gabri)

Semifinais

ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1

Final de consolación

ALEVÍN A 2 (Martín Forján -2-) - BERTAMIRÁNS FC 2. A penaltis: 3-2

Categoría benxamín

Torneo Concello de Ribeira, na Fieiteira (Ribeira)

Sábado 2 de outubro

Primeira Fase

CD CONXO SANTIAGO 0 - BENXAMÍN A 5 (Nacho -2-, Hugo Pousa, Álvaro e Jorge)

BENXAMÍN A 4 (David -2-, Álvaro e Hugo Macedo) - ED VAL MIÑOR 0

SD XUVENTÚ AGUIÑO 0 - BENXAMÍN A 9 (David -3-, Nacho -2-, Hugo Pousa, Álvaro, Joel e Hugo Luaces)

Semifinais

BENXAMÍN A 4 (Nacho -2-, David e Álvaro) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0

Final

BENXAMÍN A 5 (Nacho, Hugo Macedo, Jorge, David e Álvaro) - ED VAL MIÑOR 0

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 4