ANOSACANTEIRA viviu unha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos; ademais dun torneo amigable en Sanxenxo.
Precisamente este domingo, o San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia) foi subcampión da Sanxenxo Cup.
Os 'verdes' caeron na quenda de penaltis da final ante o Ural Español CF por 3-4. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles.
Onte sábado 30 de agosto sobresaíu o partido do Fabril, a porta pechada no campo principal de Abegondo, ante o Bergantiños CF de Segunda Federación.
Venceron os branquiazuis grazas a un tanto de Bil aos 2 minutos de partido.
Foi o último test de pretemporada para o equipo de Manuel Pablo antes da primeira xornada de liga prevista para o domingo 7 de setembro ás 12:00 na Cidade Deportiva ante o Burgos CF Promesas.
Antonio Hidalgo, que presenciou o encontro na bancada, indicou que "son xente de talento. Hai algúns xogadores que xa coñecía. O noso filial ten a calidade suficiente para apoiarnos no momento que sexa necesario. Para iso trabállase e invístese na base, unha dos sinais de identidade do Club. Estou moi contento de poder mirar cara abaixo".
Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).
Ademais deste encontro, o Xuvenil A caeu 2-1 co AD Miño de Preferente Autonómica, o Xuvenil B 1-4 co Atlético Coruña Montañeros CF, e o Infantil en Cedeira 4-2 co Racing de Ferrol de categoría cadete. A maiores, o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) quedou apeado nos cuartos de final da Sanxenxo Cup polo ED Val Miñor Nigrán.
Dous partidos xogáronse o pasado venres 29 de agosto e que serviron para arrincar a fin de semana.
En Rutis, o Xuvenil B igualou (2-2) co Olímpico CF de Primera Autonómica.
E en Abegondo houbo un espectacular empate a 6 goles entre o Cadete e o Imperátor de categoría xuvenil.
A semana comezou con citas o martes e mércores tamén para o Xuvenil A, e os dous equipos cadetes e infantís.
Os resultados da semana foron os seguintes:
Segunda Federación
FABRIL 1 (Bil) - BERGANTIÑOS CF 0
Categoría xuvenil
Mércores 27: SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) 1 - XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-)
AD MIÑO (Preferente Autonómica) 2 - XUVENIL A 1 (Nico)
Venres 29: OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) 2 - XUVENIL B 2 (Guille Ramos e Iago Vázquez)
XUVENIL B 1 (Borja Díaz) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 4
Categoría cadete
Mércores 27: CD BOIRO (xuvenil) 3 - CADETE 2 (Nico Giovanni e Anxo)
Venres 29: CADETE 6 (Picallo, Nico Giovanni -2-, Álvaro -2- e Gandarela) - IMPERÁTOR OAR (xuvenil) 6
Martes 26: SAN TIRSO SD (xuvenil) 0 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álex Vidal)
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Domingo 31 de agosto
Primera Fase
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Tiago Caamaño) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
BERTAMIRÁNS FC 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0
PABELLÓN OURENSE CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0
Cuartos de final
SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier Valverde e Mario González) - CD CALASANZ 1
Semifinais
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Hugo Ferreirós) - PABELLÓN OURENSE CF 0
Final
SAN TIRSO SD CADETE 0 - URAL ESPAÑOL CF 0. A penaltis: 3-4
Categoría infantil
Martes 26: INFANTIL 5 (Santi Durán -3- e Álvaro Gómez -2-) - IMPERÁTOR OAR (cadete) 0
RACING DE FERROL B (cadete) 4 - INFANTIL 2 (Santi Durán -2-)
Mércores 27: SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nico e Mateo Cortizas) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
Sanxenxo Cup no campo de O Revel (Sanxenxo)
Sábado 30 de agosto
Primera Fase
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - URAL ESPAÑOL CF 1
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Uxío Pérez -2-, Alejandro Astray e Hugo Quintela) - AJ LÉREZ 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Ruy Caamaño) - CD CALASANZ 2
Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3
