RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, con boas vitorias do filial masculino e feminino

A vitoria dos dous filiais foi o máis destacado esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Este mediodía, o Fabril (na foto da noticia) amarrou os 3 puntos ante o Racing Villalbés, equipo revelación en Segunda Federación, grazas a un dobrete de Mati Castillo no tempo de desconto.

Onte sábado o outro filial, un Deportivo ABANCA B asentado no grupo de cabeza de Tercera Federación FutFem, impúxose ao Sporting de Gijón B (4-2) a pesar de que as asturianas lograron igualar un 2-0.

Foi baixa no equipo que dirixe Óscar Orro Elena Vázquez, que está concentrada coa selección española sub-17 na Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa.

Hoxe domingo tamén gañaron os dous equipos xuvenís: o A en Abegondo ante o Bansander (6-0); e o B en Coles (Ourense) ante o UD Ourense (0-2).

As vitorias do Orzán SD Xuvenil Femenino en Cambre (1-2) e do Orzán SD B sub-16 Femenino ante o Silva SD (1-0) pecharon esta tarde a xornada da fin de semana.

Onte sábado venceron en Abegondo os líderes da División de Honra: o Cadete ante o Atlético Coruña Montañeros CF (5-0) e a Infantil fronte ao Pabellón Ourense CF (5-0).

Tamén en casa competiu o San Tirso SD Cadete, neste caso no Monte, aínda que con derrota ante o ED Val Miñor Nigrán (0-1).

Como visitantes na xornada sabatina houbo cara e cruz: o Orzán SD Cadete Femenino, invicto na liga Galega, venceu á Escuela FB Amistade en Valdoviño (0-5); e o San Tirso SD Infantil caeu co Victoria CF na Coruña (4-1).

Esta fin de semana arrincaron a competición oficial os dous equipos alevíns e os dous benxamíns, todos eles en Primera A Coruña de fútbol 8.

Esta primeira parte da competición será de liga todos contra todos a dobre volta. O tres primeiros de cada grupo pasan á seguinte fase do Campionato Galego.

Finalmente, dous amigables o pasado mércores en Abegondo abriron o calendario de partidos esta semana en #ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B, líder destacado da liga Nacional con pleno de vitorias até o momento, venceu (5-2) á selección galega sub-16.

Formaron co combinado galego os cadetes branquiazuis Rodrigo, Gabri, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Leandro e Miguel de Labra; ademais de Mauro e Samba, do San Tirso SD Cadete.

Pola súa banda, o San Tirso SD Cadete da División de Honra dobregou (6-1) á selección galega sub-14.

En Galicia aliñáronse os infantís branquiazuis Nikolay, Sergio Cortizo, Rául e Esteban Ruiz; aos que houbo que sumar a Antón Vilariño e Hugo Ferreiro, do San Tirso SD Infantil.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - SPORTING DE GIJÓN B 2

Primeira Autonómica, 7ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 2 (Dunia Dahmouni -2-)

Segunda Autonómica, 6ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Sila Santiso) - SILVA SD 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 6ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE 0 - ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Sofía Rodríguez, Daniela Macedo -3- e Claudia Sande)

Liga Galega, subgrupo 1º, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, aprazado

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A 6 (Dani Estévez -2-, Carlos, Ayman, Álvaro e Noé) - BANSANDER 0

Amigable, mércores 25: XUVENIL B 5 (Sergio Pose, Telmo, Vergara, Álvaro Rioboo e Rodrigo) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 2
Liga Nacional, 8ª xornada: UD OURENSE 0 - XUVENIL B 2 (Daniel e Rubén)

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Amigable, mércores 25: SAN TIRSO SD CADETE 6 (Casuso -2-, Antón Sánchez, Héctor e Pablo Crespo -2-) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 1
División de Honra, 8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 0 - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Categoría infantil
División de Honra, 7ª xornada: INFANTIL 5 (Nikolay -2-, Sergio Cortizo, Raúl e Picallo) - PABELLÓN OURENSE CF 0

División de Honra, 7ª xornada: VICTORIA CF 4 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (un futbolista rival en propia meta)

Categoría alevín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORILLAMAR SD 0 - ALEVÍN A 11 (David Gómez -4-, Martín López -3-, Álvaro Gómez -2-, Enzo Bértoa e Nacho Villanueva)

Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Íker Ferreiro -2-, Alejandro Astray, Hugo Álvarez e Hugo Bujía) - URAL ESPAÑOL CF 1

Categoría benxamín
Primera A Coruña, subgrupo 1º, 1ª xornada: BENXAMÍN A 14 (Alberto Novo -4-, Leo Lorenzo -3-, Mateo Songo'o -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Adrián Liñares, Mateo Cardelle e Diego Castelo) - FC GRANDE OBRA 0

Primera A Coruña, subgrupo 2º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Yoel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván) - SADA CF 0